InicioSociedadeMalos cheiros en garaxes de Lugo provocados por augas fecais

Malos cheiros en garaxes de Lugo provocados por augas fecais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular denunciou que unha fuga na rede municipal de augas fecais, detectada hai xa vinte e cinco días, provocou filtracións en varios garaxes dos portais 3 e 5 na Rúa Venancio Senra, no barrio do Sacro Corazón, onde os “malos cheiros que invaden as zonas comúns” han levado aos veciños a pedirlle unha solución “urxente” ao Concello.

O edil popular Rafael Pérez explicou que, “tras as evasivas que lles deu o goberno” local, os veciños destes inmobles víronse obrigados “a pagar a un fontaneiro”, que lles confirmou que as filtracións veñen da rúa e que a avaría ten que estar na rede de saneamento” municipal.

Por iso, o edil pediulles aos dous socios do goberno bipartito “máis coordinación e máis comunicación entre eles, e menos fotos”, porque “a xestión desta fuga é un auténtico despropósito”

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...