InicioLugo e contornaLugoO Punto Violenta amplía o seu horario durante o San Froilán

O Punto Violenta amplía o seu horario durante o San Froilán

O dispositivo contará tamén cun equipo itinerante, debidamente identificado, que, como xa se fixo no Arde Lucus, se desprazará polos diferentes espazos onde se desenvolvan as festas e polas zonas de ocio nocturno, facilitando que este recurso estea máis próximo ás persoas que poidan necesitalo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello reforzará este ano o servizo do Punto Violeta, que amplía en unha hora o seu horario e duplica os recursos destinados á atención durante as principais xornadas das festas.

O servizo contará cun punto fixo na Praza Fernando de Casa Novoa, ao fondo da Praza Maior, atendido permanentemente por un mínimo de dous profesionais especializados, incluíndo persoal de psicoloxía e traballo social, para ofrecer información e atención ás posibles vítimas de agresións sexistas, garantindo a súa intimidade, protección e confidencialidade.

O dispositivo contará tamén cun equipo itinerante, debidamente identificado, que, como xa se fixo no Arde Lucus, se desprazará polos diferentes espazos onde se desenvolvan as festas e polas zonas de ocio nocturno, facilitando que este recurso estea máis próximo ás persoas que poidan necesitalo.

O Punto Violeta estará operativo os días 4, 9, 10 e 11 de outubro, en horario de 21:00 a 04:00 horas e o día 5 de outubro de 21.00 a 3.00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...