InicioSociedadeOs libros dixitais cómenlles terreo aos libros de papel nos colexios de...

Os libros dixitais cómenlles terreo aos libros de papel nos colexios de Lugo

Once centros educativos da provincia súmanse ao proxecto E-Dixgal. Os que o fagan na etapa de Primaria deberán impartir todas as clases a través do soporte dixital, mentres que na ESO cumprirá facelo en polo menos seis materias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Once centro educativos da provincia de Lugo súmanse ao proxecto de libro dixital (E-Dixgal) da Xunta de Galicia no vindeiro curso 2019/20. Así o recolle a resolución publicada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, segundo a cal oitenta colexios galegos implantarán este sistema.

O proxecto E-Dixgal, impulsado pola Consellería e a Amtega, púxose en marcha no curso 2014/15 en 84 centros educativos de toda Galicia. Daquela, un total de 2.300 alumnas e alumnos na etapa de educación primaria puideron iniciarse no programa. Coas novas incorporacións, o E-Dixgal chegará o vindeiro curso a 347 centros de ensino e a 27.000 alumnas e alumnos.

Os centros de primaria que se incorporen impartirán a totalidade das materias en modalidade dixital; mentres que os de secundaria farano en polo menos seis materias. Ademais, deberán asumir o compromiso de implantar este sistema no curso 2019/20 en 5º de educación primaria e/ou 1º da ESO. Tamén terán que estendela a 6º de primaria e/ou 2º da ESO no 2020/21, mantendo nos cursos seguintes o proxecto educativo dixital neste niveis.

No caso de Lugo, os centros que se adscriben ao programa na súa etapa de Primaria son os seguintes: o CEIP Plurilingüe Santa María (A Fonsagrada), o CEIP de Bretoña (A Pastoriza); o CEIP San Miguel de Reinante Barreiros (Barreiros); o CEIP Veleiro Docampo (Castro de Rei); o CEIP O Cantel (Foz); o CEIP Illa Verde (Lugo); o CEIP Álvaro Cunqueiro Mota (Mondoñedo); o CEIP Plurilingüe Monte Baliño (Pantón); o CEIP Terra Chá (Vilalba) e o CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove). Na etapa de Secundaria, este proxecto introducirao o IES Illa de Sarón (Xove).

Segundo a Consellería, estes centros disporán da conexión á rede axeitada e dos medios tecnolóxicos precisos na aula, tanto para o profesorado como para o alumnado. Así, contarán cun PC individual que poden usar en modo portátil ou a xeito de tableta. Ademais, terán acceso a unha contorna virtual con contidos gratuítos proporcionados pola Xunta e a un servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento, que tamén poderán empregar as familias.

ÚLTIMAS

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...

Un xigante sanitario máis forte en Lugo: a CNMC permite a compra de Clínica Gaias con condicións para evitar abusos

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) autorizou con compromisos a adquisición...

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...