InicioSociedadeAnuncian obras para evitar o caos no 'leiraparking' do HULA

Anuncian obras para evitar o caos no ‘leiraparking’ do HULA

Rubén Arroxo explicou que, aínda que "o ideal sería asfaltar", iso non é posible debido a que os terreos están afectados polo 5% do plan xeral sen aprobar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou que nas vindeiras semanas comezarán as obras “para evitar os problemas que dá o leiraparking do HULA nas épocas de choiva”. Trátase de dar resposta así a unha demanda recorrente por parte dos usuarios desta zona de aparcamento gratuíta no hospital.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, explicou que, “o ideal sería que se puidese asfaltar”. Porén, este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, polo que non sería posible facer tal reforma. O que si que se fará será colocar unha “capa de zahorra sen finos de 10 cm, que permitirá a drenaxe de auga” e evitará que se formen “fochancas e lameiras”, segundo Arroxo. Ademais, empregarase zahorra de diferentes cores para delimitar a zona de paso da de estacionamento para evitar que haxa atascos provocados por vehículos mal estacionados.

Prevese que as obras comecen antes da tempada da choiva e que o seu período de execución sexa de tres semanas

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...