InicioSociedadeNace en Lugo a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia

Nace en Lugo a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia

Será a primeira organización española que se dedique en exclusiva á produción ecolóxica

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia acaba de nacer en Lugo coa firma da acta de constitución, que tivo lugar este 9 de xullo. Unha vez recoñecida como Organización de Produtores de Leite será a primeira OPL dedicada especificamente á produción ecolóxica en toda España.

Os seus promotores explican que será unha “asociación de ámbito autonómico” que pretende actuar como “unha ferramenta para os seus propios socios”, co obxectivo final de que o “sector mellore de maneira integral”.

Destacan tamén que se trata dun colectivo ” apolítico”, integrado por “gandeiros con máis de dez anos de experiencia no sector da produción ecolóxica”, e que aposta polo “diálogo e por unha negociación construtiva coa industria e coa Administración”. Persegue que “as condicións de explotación melloren en base a unha maior profesionalización e a unha redución dos custos de produción, maximizando a calidade do leite”.

“Esta asociación está aberta á entrada de novos gandeiros, que se poderán ir sumando nos próximos días aos actuais socios, que xa representan unha produción de máis de 10.000 toneladas de leite” ao ano, aclaran.

Na actualidade, o sector do leite supón o 33% da facturación da produción ecolóxica en Galicia, con case 80 millóns de euros no ano 2018. Así mesmo, representa un peso importante en España, dado que as explotacións de vacún de leite galegas equivalen ao 54% das que hai en todo o país. Por iso, os promotores desta nova organización destacan a “importancia de que a OPL sexa galega”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...