Home Lugo e contorna Lugo O xulgado do Social de Lugo, o gran ausente entre os novos órganos da Xustiza galega

O xulgado do Social de Lugo, o gran ausente entre os novos órganos da Xustiza galega

0
O xulgado do Social de Lugo, o gran ausente entre os novos órganos da Xustiza galega
Xulgados | Arquivo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que os tres novos xulgados que concedeu o Ministerio de Xustiza a Galicia entrarán en funcionamento o 30 de setembro. Trátase dun xulgado de primeira instancia na Coruña e dous do Social para Vigo e Santiago, respectivamente. O demandado xulgado do Social en Lugo segue a ser o gran ausente entre as novas incorporacións.

Na súa intervención, Rueda lamentou que o Ministerio decidise non crear o xulgado do Social que pediran para Lugo. Asegurou que, de terse creado, a Xunta afrontaría o seu funcionamento. Con todo, sinalou que “é unha boa noticia que a partir de agora o número de asuntos que tramitan os xulgados vaia mellorar sen dúbida”, sinalou

Así mesmo, detallou que o Ministerio estableceu o 30 de setembro como primeira data posible para poñer en funcionamento as unidades xudiciais e ata o 31 de decembro para conseguilo. “A Xunta de Galicia dixo sempre nas comisións mixtas que ten co Tribunal Superior e coa Fiscalía que eses órganos eran moi necesarios e por tanto ofrecemos a primeira data que se nos propoñía que era o 30 de setembro”, apuntou o vicepresidente. EFE

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here