InicioSociedadeO xulgado do Social de Lugo, o gran ausente entre os novos...

O xulgado do Social de Lugo, o gran ausente entre os novos órganos da Xustiza galega

Alfonso Rueda asegurou que, de terse creado, a administración autonómica afrontaría o seu funcionamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que os tres novos xulgados que concedeu o Ministerio de Xustiza a Galicia entrarán en funcionamento o 30 de setembro. Trátase dun xulgado de primeira instancia na Coruña e dous do Social para Vigo e Santiago, respectivamente. O demandado xulgado do Social en Lugo segue a ser o gran ausente entre as novas incorporacións.

Na súa intervención, Rueda lamentou que o Ministerio decidise non crear o xulgado do Social que pediran para Lugo. Asegurou que, de terse creado, a Xunta afrontaría o seu funcionamento. Con todo, sinalou que “é unha boa noticia que a partir de agora o número de asuntos que tramitan os xulgados vaia mellorar sen dúbida”, sinalou

Así mesmo, detallou que o Ministerio estableceu o 30 de setembro como primeira data posible para poñer en funcionamento as unidades xudiciais e ata o 31 de decembro para conseguilo. “A Xunta de Galicia dixo sempre nas comisións mixtas que ten co Tribunal Superior e coa Fiscalía que eses órganos eran moi necesarios e por tanto ofrecemos a primeira data que se nos propoñía que era o 30 de setembro”, apuntou o vicepresidente. EFE

ÚLTIMAS

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...

Santa Bárbara, a virxe que tamén protexe contra Altri e os “poderes económicos e políticos”

O Cura de Xestoso oficiou este domingo unha misa na Capela de Santa Bárbara,...

O Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo “elevado risco de caída” tras un informe técnico

O Concello de Lugo anunciou que procederá á tala de dous tilos na Avenida...

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...