InicioSociedadeProblemas eléctricos no Concello de Lugo obrigan a desconectar os servidores informáticos

Problemas eléctricos no Concello de Lugo obrigan a desconectar os servidores informáticos

Tamén houbo que suspender o rexistro. É unha situación que se repite dende hai algúns anos, explicou Rubén Arroxo, e responde a complicacións externas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, informou este venres, antes do pleno de organización, que un problema eléctrico obrigou a suspender o servizo do rexistro do Concello e a desconectar os servidores informáticos.

O nacionalista concretou que é unha situación que vén “producindo desde hai máis de tres anos”. “En varias ocasións xa houbo caídas no concello e volve haber o mesmo problema”, explicou. “É un problema externo de como se fornece a liña; temos que ter en conta que en toda a contorna do concello son liñas antigas que causan esas problemáticas”, precisou Arroxo.

Ademais, o tenente de alcalde asegurou que a avaría está “bastante localizada, pero aínda non se reparou”. Así, dixo que esperan “que nas próximas horas estea totalmente reparada”. Finalmente, concretou que isto afecta, sobre todo, “aos servidores informáticos, que por seguridade están desconectados”. “A iluminación está funcionado, pero desconectáronse por se hai fallos de tensión”, engadiu. “Estamos a ter contactos cos técnicos, coa empresa subministradora –Begasa– para tentar liquidar esta avaría canto antes, concluíu.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...