InicioSociedadeO cruce máis perigoso da Piringalla ve próximo o seu final

O cruce máis perigoso da Piringalla ve próximo o seu final

Inícianse as obras dunha rotonda na intersección da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aprobou o pasado 28 de xullo o decreto relativo ao corte provisional de tráfico para iniciar a construción dunha glorieta no cruce da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María.

Esta obra responde a unha demanda cidadá que  xa vén de atrás, posto que esta intersección supón un perigo para os peóns e os condutores. O voceiro socialista Miguel Fernández subliña, así, que a rexedora cumpre co compromiso que fixara cos lucenses para garantir a seguridade vial.

A actuación, que se leva a cabo a través do Plan de barios e que suporá un investimento de 90.120 euros, foi contratada a Construcciones Taboada y Ramos a principios deste ano. A previsión é que as actuacións se desenvolvan nun prazo de catro meses. Porén, o corte da intersección e os desvíos de tráfico non se prolongarán máis dun mes, período durante o cal se executarán os labores de demolición do pavimento e reposición do mesmo.

O corte fai necesario desvíos provisionais para o tráfico rodado, que afectará tamén a dúas liñas de autobús. Así, os automóbiles que procedan de Mar Cantábrico desviaranse a Vázquez Queipo e Rúa das Fontes, e os que accedan desde a zona de Camiño Rosende incorporaranse por Angelo Colocci e Rúa das Fontes.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...