InicioPolíticaO PP acusa o BNG de perder ambición nas súas propostas para...

O PP acusa o BNG de perder ambición nas súas propostas para o transporte público de Lugo

"O modelo de Arroxo non ten en conta a transformación que debe sufrir Lugo", pensa o concelleiro popular Antonio Ameijide. O seu grupo suxire crear catro intercambiadores, escalonar os horarios das liñas ao Hula e acurtar as frecuencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro do grupo popular en Lugo, Antonio Ameijide, criticou o modelo de transporte público que suxire o BNG para a cidade. Coida que os nacionalistas perderon ambición respecto do que demandaban hai meses, cando estaban na oposición. E é que, para o PP, a proposta do tenente de alcalde, Rubén Arroxo, non aporta máis ca “dous ou tres pequenos retoques”.

Ameijide explica que revisou as liñas presentadas por Arroxo na Mesa do Transporte Público que se celebrou hai unhas semanas. A súa conclusión é que ese modelo é igual ca o que existe na actualidade nun “90%” e cualificouno de “fotocopia ampliada” do plan de transporte actual. “Está claro que hai que facer algo cos autobuses públicos de Lugo. O que todos sabemos é que se algo falla e fas o mesmo, volverá fallar”, sinalou o popular.

AS SUXESTIÓNS DO PP

Dende o grupo municipal do PP pensan que para modernizar o transporte de Lugo é preciso crear catro puntos de intercambio para facilitar o transbordo de viaxeiros. A Avenida da Coruña, a Avenida de Madrid, Sindicatos e Fogar de Santa María serían as zonas máis axeitadas para establecer estes intercambiadores, debido a que son as áreas por onde máis liñas pasan. Sinalan que esta medida non tería sentido se non se aplicase tamén o transbordo gratuíto e con frecuencias de entre 10 e 15 minutos.

Ademais, propoñen escalonar os horarios dos autobuses que van ao Hula para que os usuarios do hospital teñan varios buses dispoñibles en cada tramo dunha hora. Esta medida tamén tería que estenderse ás liñas que chegan aos polígonos, para adaptar os horarios ás entradas e saídas dos traballadores e así fomentar o uso do transporte urbano e evitar unha saturación de vehículos nos polígonos.

O PP tamén apura a posta en funcionamento de medidas xa aprobadas en pleno, como a gratuidade para menores de 18 anos, xubilados pensionaistas, parados e familias con escasos recursos. Amais diso, falan da necesidade de poñer en marcha unha app para os móbiles, na que se informe dos horarios das liñas, incidencias, tempos de espera, etc.

Así mesmo, Ameijide tamén se preguntou que pasará coas liñas que pasan polo casco histórico en caso de que se leve adiante a peonalización de Quiroga Ballesteros, unha obra que afectaría a seis liñas. “O modelo de Arroxo non ten en conta a transformación que debe sufrir Lugo”, sentenciou Ameijide.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...