InicioLugo e contornaLugo25 anos depois o caso do dobre crime do 'Cash Record' pasa...

25 anos depois o caso do dobre crime do ‘Cash Record’ pasa á Audiencia Provincial

Familiares cren que con este tipo de "continxencias" o que se busca é que as familias "se aburran, e se cansen" e non soliciten nada máis, para que "pase o tempo e prescriba".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de primeira instancia número un, que levaba o caso do chamado dobre crime do ‘Cash Record‘, remitiu as actuacións e dilixencias á Audiencia Provincial de Lugo.

Precisamente, este martes cúmprense 25 anos do caso, datado do 30 de abril de 1994, cando Isabel López se topou nunha nave do polígono industrial do Ceao, en Lugo, cos cadáveres da súa irmá, Elena, e de Esteban Carballedo, con feridas de bala.

A propia Isabel López, que reavivou a investigación antes de que prescribise aos vinte anos, confirmou que o xulgado “pasou a pelota á audiencia”. “O xuíz dixo que xa non ía admitir máis investigación, nin máis dilixencias. Solicitáronse varias dilixencias e el di que non, que non ve por onde saír e pasou o caso á Audiencia. Agora temos que esperar a que contesten na Audiencia, si admiten as dilixencias ou non”, subliñou.

A irmá dunha das vítimas, aínda a día de hoxe, ten claro que con este tipo de “continxencias” o que se busca é que as familias “se aburran, e se cansen” e non soliciten nada máis, para que “pase o tempo e prescriba”.

No entanto, avanzou que se dará “tempo á Audiencia (de Lugo)”, e que no caso de non obter resposta chegarase ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Mañá, no 25 aniversario deste dobre crime, as familias volverán mobilizarse esixindo “xustiza”, e disporán de carteis coas caras dos dous asasinados nas portas da muralla, que finalmente deixarán nos xulgados, da Praza de Avilés.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...