InicioSen categorizarSindicatos agrarios alertan da incerteza no sector lácteo tras a morte de...

Sindicatos agrarios alertan da incerteza no sector lácteo tras a morte de Jesús Lence

Destacan o traballo realizado ao prol do sector e trasladanlle o pésame á familia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos agrarios trasladaron este luns o seu pésame á familia do propietario de Leite Río, Jesús Lence, polo seu falecemento e mostraron o seu desexo de que a empresa siga funcionando no futuro en Galicia.

En primeiro lugar, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, destacou “a forma de xestión moi persoal” que estendeu ao longo de toda a súa carreira empresarial e considerou que a ausencia “clara” dunha solución de futuro para a entidade pode xerar “incerteza”.

No entanto subscribe que “de momento non hai elementos para preocuparse excesivamente”. “Vai haber un antes e un despois do papel do grupo Leite Río no incremento da produción de leite en Lugo e en Galicia”, encomia. Tamén recoñeceu que “está a dúbida de cal vai ser a decisión dos herdeiros con respecto a continuar ou como empresa familiar ou trocearla”.

Pola súa banda, o coordinador de Fruga en Lugo, Elías Somoza, considerou que “independentemente das diferenzas que puido haber no seu momento con Lence e coa empresa, é o momento de darlle o pésame á familia”.

Tamén puxo en valor cosas que feitas polo empresario lucense, ao sinalar que Lence “foi un empresario que no seu momento chegou a ser das persoas que máis leite recollía no país” “Desde o noso punto de vista foi un empresario imprescindible no sector lácteo galego. Agora hai que ver o futuro da empresa, esperamos que siga funcionado”, subliñou.

Ademais, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, puxo o acento en que a empresa “recolle menos leite que fai tres anos, aínda que segue sendo unha das primeiras firmas de Galicia”. Neste sentido, asegurou que “unha cuestión importante é saber si esta empresa vai seguir apostando por seguir en Galicia e si vai apostar por recoller leite e pagala, para darlle valor engadido”.

Entre 500 e seiscentos son os produtores lácteos aos que recollía leite Jesús Lence.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...