InicioSen categorizarEncargada a rehabilitación da caseta do garda no Parque de Rosalía en...

Encargada a rehabilitación da caseta do garda no Parque de Rosalía en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo vén de encargar a redacción do proxecto para rehabilitar a antiga caseta do garda do Parque Rosalía de Castro, un inmoble situado nunha das zonas máis emblemáticas da cidade que leva anos pechado, sen uso e nun evidente estado de deterioro.

Cristais rotos, pintadas e sinais de vandalismo evidencian o abandono dun espazo situado xunto á área infantil do parque e que, lonxe de cumprir unha función útil para a cidadanía, converteuse co paso do tempo nun exemplo de instalación municipal desaproveitada e vandalizada.
O obxectivo do goberno local é recuperar este inmoble, mellorar a súa imaxe e definir novos usos que permitan ofrecer servizos aos usuarios do parque e da veciñanza.

 

Esta actuación súmase a outras iniciativas xa impulsadas para recuperar equipamentos municipais que levaban anos pechados ou infrautilizados. É o caso do antigo quiosco da Praza Maior, para o que xa se está a tramitar unha solución que permitirá habilitar aseos públicos e un punto de información turística.
“Lugo non pode permitirse seguir acumulando espazos pechados, deteriorados e sen utilidade para os veciños. A nosa prioridade é recuperar o patrimonio municipal, poñelo en valor e convertelo en servizos útiles para a cidadanía”, destacan desde o goberno local.
Co encargo deste proxecto dáse o primeiro paso para transformar un inmoble que durante anos foi protagonista de anuncios e intencións en actuacións concretas que permitan a súa recuperación efectiva.
+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...