InicioEconomíaCSIF reclama seguridade para os traballadores de TRAGSA logo da sentenza do...

CSIF reclama seguridade para os traballadores de TRAGSA logo da sentenza do Supremo

O Tribunal Supremo que declara a nulidade da adquisición dunha acción de TRAGSA por parte da Deputación de Lugo e dos actos posteriores derivados desa decisión

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) manifesta o seu apoio aos traballadores afectados pola recente sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade da adquisición dunha acción de TRAGSA por parte da Deputación de Lugo e dos actos posteriores derivados desa decisión. CSIF advirte de que o fallo xerou unha situación de incerteza que non pode recaer, en ningún caso, sobre os empregados.

O Tribunal Supremo ha declarado nulos de pleno dereito tanto o decreto da Presidencia da Deputación de 2019 para adquirir a acción de TRAGSA como o acordo posterior para encargarlle o mantemento de zonas verdes, ao considerar que dita decisión correspondía ao Pleno da corporación e non podía adoptarse de forma unilateral. Esta resolución, que ademais fixa doutrina xurisprudencial sobre o uso de sociedades estatais como medios propios, reabriu o debate sobre a situación laboral do persoal subrogado tras a disolución da empresa pública Suplusa.

#Ante este escenario, CSIF subliña que a prioridade debe ser garantir a estabilidade laboral e a continuidade do servizo, evitando que a sentenza se utilice como arma política. “Os traballadores non poden ser as vítimas colaterais das irregularidades na tramitación administrativa ou na delimitación de competencias entre órganos de goberno”. Por iso, esixe á Deputación de Lugo que ofreza certezas claras e por escrito sobre a situación actual do persoal.

CSIF lembra que o colectivo afectado foi o único que non foi integrado directamente na Deputación tras a disolución de Suplusa, a diferenza doutros traballadores que si pasaron a formar parte do persoal provincial, polo que defende a súa subrogación e integración no persoal da Deputación.

Para CSIF, é a opción que ofrece maiores garantías de estabilidade laboral, seguridade xurídica e continuidade do servizo público. O sindicato entende que a xestión directa permitiría ademais unha maior eficiencia e un mellor control dos recursos públicos, á vez que eliminaría a incerteza xerada por un marco contractual que quedou seriamente debilitado tras o fallo do Tribunal Supremo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...