InicioSucesosO xogador do Río Breogán, Ben McLemore, encarcerado por presuntos delitos sexuais

O xogador do Río Breogán, Ben McLemore, encarcerado por presuntos delitos sexuais

McLemore ingresou no Centro Penal do condado de Multnomah este martes, antes de ser trasladado ao cárcere de Clackamas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O escolta estadounidense de Río Breogán Ben McLemore foi detido e encarcerado este martes en Oregón (Estados Unidos) por presuntos delitos sexuais contra unha muller en 2021, cando era xogador dos Portland Trail Blazers na NBA. Tras depositar unha fianza, saíu de prisión.

Segundo informou ESPN, McLemore, de 31 anos, foi arrestado no Aeroporto Internacional de Portland atendendo a unha orde de prisión preventiva, ao acusarlle unha muller de presuntamente violala en 2021, cando era xogador dos Blazers. Ademais, presenta máis cargos abuso sexual en segundo grao, segundo a autoridade de Lake Oswego.

A denuncia da muller acusa ao escolta do conxunto galego de agredila sexualmente o 3 de outubro de 2021 en Oregón. A policía investigou os feitos, con McLemore como principal sospeitoso. Con todo, o xogador abandonou o país –competiu en China, Grecia e agora España– e isto atrasou as accións das autoridades, aínda que agora o escolta regresou e foi detido.

Foi en febreiro cando o xurado do caso escoitou o testemuño da denunciante, quen defendeu que foi McLemore quen presuntamente a violou e agrediu sexualmente. “Aplaudimos a valentía da sobrevivente ao presentarse e someterse a este arduo proceso, e seguiremos apoiándoa en todo o que podamos”, expresou a policía en declaracións publicadas por ESPN.

McLemore ingresou no Centro Penal do condado de Multnomah este martes, antes de ser trasladado ao cárcere de Clackamas. O escolta de Breogán foi procesado o mércores no Tribunal deste condado. Ese mesmo día, foi posto en liberdade ao depositar o acusado máis 46.000 euros como fianza.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...