InicioCulturaA deseñadora gráfica ítalo-arxentina Marianella Ahmed impartirá un curso sobre redes na...

A deseñadora gráfica ítalo-arxentina Marianella Ahmed impartirá un curso sobre redes na UNED de Lugo

A partir do próximo xoves 15 de febreiro a deseñadora gráfica ítalo-arxentina Marianella Ahmed Farha impartirá na extensión da UNED da cidade de Lugo un curso para todos os emprendedores, autónomos, freelancers, artistas e persoas en xeral que busquen potenciar o seu proxecto, produto ou servizo por medio do bo uso das redes sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Que é o branding, como aplicalo correctamente, que son e como identificar os puntos de dor segundo o marketing, a importancia do estudo de mercado, que son e para que serven os insights, que é e como aplicar o key visual, que plataforma elixo para as miñas publicacións, que publicar, en que horario e con que frecuencia, como producir contido, como preparar un calendario de publicación, e, finalmente, que ter en conta para o pre-lanzamento e lanzamento dun produto ou servizo.

Como broche de ouro, algúns consellos sobre como evitar o axetreo, rompendo coa ecuación errónea que adoitan ter os emprendedores (+ éxito + horas – cuidado persoal).

Realizarase online e presencial, os días 15, 19, 20, 21, 22 y 26 de febreiro do 2024, de 18h00 a 20h00. Un total de 6 sesións.

Marianella Ahmed Farha é unha deseñadora gráfica e animadora 2D, freelance e fundadora do estudo de deseño e comunicación Apronta. Un proxecto que naceu en Arxentina hai 8 anos e que hai 1 ano decidiu tamén fabricar as súas ideas en España. Máis información e matrícula neste enlace.

A matrícula ordinaria ten un custo de 30 euros, habendo descontos para persoas con discapacidade, persoas do ámbito UNED ou persoas en situación de desemprego

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...