InicioCulturaDiego AS, Yoe33 e Rubén Paz, tres muralistas lucenses con premios mundiais

Diego AS, Yoe33 e Rubén Paz, tres muralistas lucenses con premios mundiais

En só tres anos varios artistas lucenses foron recoñecidos como algúns dos mellores muralistas do mundo: Diego AS, Yoe33 e Rubén Paz, curiosamente ambos os tres orixinarios de barrios do norte da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Piringalla, o Agro do Rolo e Lugo en xeral podemos estar ben orgullosos dos nosos artistas. En só tres anos (2021, 2022 e 2023) tres dos graffiteiros da nosa cidade acadaron premios de talle mundial na maior plataforma de arte urbano do planeta: Street Art Cities.

O primeiro deles foi Diego Anido Seijas (Diego AS) co seu Xulio César, na Ronda da Muralla, mellor mural do mundo do ano 2021. Unha obra que traspasou fronteiras e que milleiros de visitantes levan fotografado dende o Arde Lucus (a obra foi realizada durante esta festa de recreación histórica) do citado ano.

Mural de “Xulio César” de Diego AS, na Ronda da Muralla (Foto: Guido Álvarez Parga)

O segundo foi Rubén Paz (proxecto Trece Trazos) co seu “Don Quijote” no CEIP Cervantes onde el mesmo estudou sendo un neno. Esta obra foi recoñecida como o segundo mellor mural do mundo do mes de agosto do ano 2022.

Mural de “Don Quijote” de Rubén Paz, no CEIP Cervantes (Foto: Guido Álvarez Parga)

O terceiro foi Yoe33 o pasado mes de xullo, coa súa obra “Copora”, unha castrexa, galaica, que conmemorou a pasada edición do Arde Lucus como no caso de Diego. De momento mellor mural do mundo do mes de xullo, pero pode que pronto sexa algo máis.

Mural de “Copora” de Yoe33, ao carón da Muralla Romana e da Catedral de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Chegará o seguinte recoñecemento nas votacións a mellor mural do mundo do 2023 nas que Yoe33 (Manuel Pallín) é un dos aspirantes ao galardón mundial? Saberémolo a partir do 31 de xaneiro, cando rematan as votacións.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...