InicioSen categorizarManu Chao homenaxeado en Vilalba con regueifas

Manu Chao homenaxeado en Vilalba con regueifas

O vindeiro venres 17 de novembro o alumnado do IES Basanta Silva presentará o espectáculo "Regueifa Tour" ás 20.00 horas no Auditorio Carmen Estévez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro venres 17 de novembro o alumnado do IES Basanta Silva presentará o espectáculo “Regueifa Tour” ás 20.00 horas no Auditorio Carmen Estévez. O espectáculo conta coa participación das alumnas do Obradoiro de Regueifa da Escola Semente.

No “Regueifa Tour” de Vilalba será homenaxeado o músico Manu Chao. Desde o IES Basanta Silva de Vilalba as regueifeiras explican:  “Queremos facerlle unha sentida homenaxe a un artista que aquí é ben querido, que ten orixes familiares no noso concello e que tamén ten unha conexión moi especial coa regueifa.”.

Moita xente coñeceu a regueifa nos concertos de Manu Chao en Lalín e Vilagarcía de Arousa, cando o regueifeiro Pinto de Herbón entraba no final da festa coa melodía do “Ai la lá”.  Manu Chao tamén levou a regueifa a outros concertos, como en Lyon. Foi neses concertos de Manu Chao onde, por primeira vez na regueifa, emprégase unha peza cun retrouso que canta un público de miles de persoas.

O alumnado de Vilalba e Compostela enviou ao artista varios vídeos con versións das súas cancións. E, durante a festa da regueifa o vindeiro venres, improvisarán sobre melodías do autor de temas como “Clandestino” ou “Última estación, Esperanza”.

Ademais, tamén participará no espectáculo a Asociación Xermolos de Vilalba, organizadora dos Premios de Poesia Terra Chá.  En nome da asociación que organiza o Festival de Guitiriz, Alfonso Blanco entregará os premios de regueifa ao colexio Mato Vizoso. Tamén estarán os regueifeiros Lupe Blanco e Suso de Xornes, coa regueifa de raíz tradicional de Bergantiños.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...