InicioPolíticaO PP fala dun Feijóo "querido e repectado" fronte a un Sánchez...

O PP fala dun Feijóo “querido e repectado” fronte a un Sánchez “pechado”

Así o subliñou a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, en declaracións aos me.dios este luns durante un paseo electoral polas rúas de Lugo no que acompañou á cabeza de lista pola provincia luguesa ao Congreso, Francisco Conde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP reivindicou este luns desde Lugo que Alberto Núñez Feijóo é “un candidato querido e respetado” que “pode saír á rúa” a recoller “o agarimo da xente”, o que contrapuxo a un presidente do Goberno e aspirante socialista, Pedro Sánchez, que “leva días encerrado coa escusa de preparar o debate” deste luns.

Así o subliñou a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, en declaracións aos medios este luns durante un paseo electoral polas rúas de Lugo no que acompañou á cabeza de lista pola provincia luguesa ao Congreso, Francisco Conde, e a número dous por Madrid, Marta Rivera de la Cruz.

“O Goberno de Sánchez esqueceu o que significa a cultura para o desenvolvemento dun país e o caso de Lugo é un exemplo”, incidiu Marta Rivera, que defendeu que “ten que ser unha cuestión de Estado” porque “non hai nada que identifique tanto” a España “como a achega á historia e á cultura internacional”.

A exresponsable de Cultura no Goberno da Comunidade de Madrid afirmou que o ministerio “se converteu nunha moeda de cambio para colocar a xente e para facer favores políticos” tras o paso de catro ministros no último lustro.

Ademais, botou en falta que saísen adiante cuestións “perentorias” como a lei do mecenado, a de patrimonio cultural, unha nova lexislación para o cinema ou a falta de desenvolvemento do Tratado do Artista despois de ser aprobado en por unanimidade no Congreso.

Así as cousas, defendeu o compromiso do PP co impulso da cultura e tamén resaltou que Lugo recibirá “máis atención” se Feijóo chega á Moncloa. “Unha cidade como Lugo, que ten un monumento que é Patrimonio da Humanidade, merecería máis atención, máis respecto e unha aposta maior por parte do Goberno”, destacou.

“VOTO ÚTIL” EN FEIJÓO

Pola súa banda, Paula Prado defendeu que o PP representa “o voto útil” para “terminar co sanchismo” o próximo 23 de xuño, un obxectivo que os populares ven factible despois do arranque da campaña que congregou “a 12.000 persoas” o pasado domingo na praza de touros de Pontevedra.

Tras agredecer a súa implicación a “a familia” do PP galego, Prado augurou que este luns, durante o debate entre Sánchez e Feijóo, “van quedar claras dúas formas de enfrontarse á política” pois o popular “demostrará o que é: un político solvente, serio e responsable”.

APOSTA POLA CULTURA

Ademais, Francisco Conde tamén incidiu en que Feijóo impulsará a cultura con medidas como plans que “reforcen” a lectura entre a xente nova, potenciar as bibliotecas, arquivos ou museos e coa aprobación dunha lei de patrimonio cultural.

Todo iso, para facer que a cultura “teña un protagonismo desde o punto de vista do impacto na sociedade e desde o punto de vista económico”, remarcou Francisco Conde.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...