InicioSucesosCondenado a dous anos de cárcere por abusar sexualmente de dúas menores...

Condenado a dous anos de cárcere por abusar sexualmente de dúas menores fuxidas dun centro

O tribunal aplica o Código Penal antes da reforma do 'só si é si' porque a nova lei carrexa penas máis graves para abusos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere a un home por abusar sexualmente de dúas menores de idade escapadas dun centro no que se atopaban internadas e ás que coñeceu na estación de autobuses da cidade luguesa.

Durante o xuízo celebrado a mediados do mes de febreiro, o acusado enfrontábase a unha petición de máis de oito anos de cárcere por dous delitos de abuso sexual a menor de 16 anos que o tribunal entende acreditados pero no seu tipo básico.

Na sentenza, facilitada polo TSXG este martes, a audiencia non ve demostrado que o acusado coñecese cantos anos tiñan as menores, algo que “si podería deducir” polo feito de atoparse internadas nun centro “pero non que a súa idade fose inferior a 16 anos, pois mesmo estaban moi próximas a alcanzar esa idade”.

Así pois, o tribunal aplica o rango de penas do Código Penal antes da reforma da lei do ‘só si é si’. Esta última establece penas máis altas para casos de abuso sexual, polo que os xuíces consideran que debe aplicarse o marco penal vixente no momento dos feitos por ser máis beneficioso para o reo.

Así as cousas, considera probado que o acusado, ao que aplica a atenuante pola súa adicción ás bebidas alcohólicas, someteu ás menores a tocamentos a pesar da negativa destas, quen, “ante a persitencia” da actitude do procesado, “colleron as chaves da habitación e abandonaron a pensión” na que residía este home.

Ademais da pena de cárcere, a audiencia impón a prohibición de aproximarse e de comunicarse coas vítimas durante cinco anos, así como cinco anos de liberdade vixiada e o abono dunha indemnización, a cada unha das vítimas, de 2.000 euros. Contra a sentenza cabe recurso de apelación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O PP visita as instalacións de Quescrem para coñecer o “papel estratéxico” de empresas da provincia de Lugo

Continuando coa planificación de coñecer empresas asentadas na provincia, o seu funcionamento e como...