InicioLugo e contornaLugoCCOO sinala que a Xunta certifica as deficiencias na escola infantil Gregorio...

CCOO sinala que a Xunta certifica as deficiencias na escola infantil Gregorio Sanz

A central sindical indica que a Concellería de Educación do Concello de Lugo “nin sequera respondeu os nosos escritos”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CCOO) informa da recepción dun escrito asinado polo Servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta de Galicia que certifica as eivas denunciadas polo sindicato na escola infantil Gregorio Sanz, de Lugo. O documento informa dunha visita da Inspección ao centro a comezos deste mes de decembro “constatándose, efectivamente, as deficiencias”, polo que se requiriu “a súa emenda enbreve prazo”.

Desde CCOO consideran “inaudito” que a Xunta de Galicia, desde Santiago de Compostela, “actúe e se mova con maior celeridade que o mesmo Concello de Lugo”. O secretario xeral comarcal de CCOO, Manuel Quiñoá, lamenta que, pasados varios meses, “o goberno local nin sequera respondeu os nosos escritos”.

CCOO destaca que hai un mes denunciou tanto na Consellaría de Política Social da Xunta como na Inspección de Traballo, a situación “insostible” desta escola infantil. O episodio máis recente produciuse na mañá do 22 de novembro, cando o centro tivo que ser desaloxado por un incendio na caldeira producido por un curtocircuíto.

Non obstante, Manuel Quiñoá sinala que os problemas “veñen de máis atrás”, cando no verán o sindicato denunciou as elevadas temperaturas no centro educativo, que chegou a alcanzar os 31º dentro das aulas. Uns anos antes, en 2016, mesmo os bombeiros tiveran que acudir para refrixerar a escola con mangueiras anteo “insoportable” da situación.

En 2017, o mesmo Servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta de Galicia emitía un requirimento onde constataba que as temperaturas non eran as axeitadas para a tipoloxía de centro e esixía adoptar medidas correctoras. Á vista deste requirimento, CCOO espera que “o Concello asuma dunha vez as súas responsabilidades, tanto cos menores que acoden ao centro como cos traballadores e as traballadoras”.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...