Denegado o indulto ao garda civil que inxuriou á xuíza Pilar de Lara

(Arquivo) A xuíza Pilar de Lara | EP
A xuíza Pilar de Lara | EP

O Ministerio de Xustiza denega o indulto ao garda civil Javier Martínez Blanco, condenado por calumnias e inxurias á xuíza Pilar de Lara. Este foi condenado pola Audiencia Provincial de Lugo, en 2019, por calumnias e inxurias a unha multa de case 5.500 euros por delitos e coaccións.

O axente lanzaba diferentes insultos contra a xuíza encargada da investigación da operación Carioca nun foro de Internet, administrado pola Asociación Unificada da Garda civil e con acceso público: Faroverde.com.

A esta páxina web podíase acceder libremente a foros onde se compartían comentarios de diferente materia. Alí, Martínez publicaba baixo os seudóminos de ‘elpicodelavara’, ‘tiodelavara’ e ’60 folios’.

No seu día, a audiencia xa desestimara os recursos presentados polo acusado e ratificaba a decisión do xulgado do penal, polo que Martínez Blanco foi condenado a unha multa total de case 5.500 euros polos delitos de inxurias con publicidade e outro de coaccións leves.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here