InicioCulturaBota a andar o III Premio Morales para promover a lingua galega...

Bota a andar o III Premio Morales para promover a lingua galega do Bierzo

Estes premios buscan promocionar o galego do Bierzo e da Seabra e divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Edicións Positivas vén de presentar as bases para a convocatoria ao III Premio Morales para a promoción da lingua galega do Bierzo e da Seabra/Sanabria, que ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.

Segundo explican nas bases, pódese concorrer a un total de catro categorías: debuxo inspirado nos versos do poema ‘A Santísima Virgen da Quinta Angustia’ (para o alumnado de educación infantil e primaria adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierno e Seabra/Sanabria); peza literaria en galego – conto, poesía ou teatro – a partir deses mesmos versos (unha categoría para alumnado de educación secundaria e bacharelato adscrito ao programa; e outra para alumnado estudante de galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada e calquera persoa do Bierzo e Sanabria maior de 18 anos); e proposta de normalización lingüística (poderá concurrir calquera persoa cunha proposta relacionada coa lingua galega do Bierzo, sexa sobre dialectoloxía, a toponimia, a historia da lingua, a sociolingüística, a literatura popular (contos, refráns, poesía…).

O prazo para participar no certame rematará o día 20 de agosto de 2022. O xurado estará integrado por persoas de recoñecido prestixio elixidas polo comité organizador do III Premio Morales; e valorará a orixinalidade, creatividade e innovación, a calidade estética e artística e, no caso das creacións literarias, a calidade da lingua.

Todos os traballos seleccionados nas catro categorías terán como agasallo a publicación das súas creacións nun libro que será presentado durante o acto de entrega dos premios, que terá lugar o 1 de outubro en Cacabelos. Ademais, de entre todos os gañadores en cada categoría, o xurado concederalle á mellor creación os seguintes premios: Categoría A: Conxunto de xogos de mesa. Categoría B: Un eReader, que inclúe ebooks de literatura galega. Categoría C: Estadía dunha fin de semana nun balneario de Galicia para dúas persoas. Categoría D: A proposta gañadora recibirá 20 libros do catálogo de Edicións Positivas.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo licita un control externo da limpeza e investirá medio millón en renovar o espazo público de Paradai

O Concello de Lugo licitou a renovación integral do espazo público de Paradai, situado...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...