InicioSen categorizarAsí é a 'casa-hórreo' de Vilalba

Así é a ‘casa-hórreo’ de Vilalba

Foi deseñada polo arquitecto vilalbés Javier Sanjurjo a encargo dos seus propios pais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Situada na cima dunha ladeira, unha casa de algo máis de 200 metros cadrados en forma de L e inspirada nos hórreos acaba de ser rematada en Vilalba. É obra do arquitecto galego afincado en Berlín Javier Sanjurjo, que realizou co estudo galego Ameneiros Rey e a encargo dos seus propios pais.

Precisamente porque a accesibilidade para cadeiras de rodas era un elemento crucial para a familia de Sanjurjo, o arquitecto deseñou unha nova estrutura elevada que permite que o espazo habitable estea nun só nivel. Así, a fonte de inspiración foi unha estrutura agrícola tradicional: o hórreo, que se levanta sobre o chan. A casa, segundo publica Wallpaper, é definida polo arquitecto como “un exercicio de suficiencia sobre o exceso”. Unha casa “de sinxeleza austera e admirable” que “aproveita ao máximo o solar elixido”. Nela, unha escaleira conduce dende a planta baixa ata o espazo habitable.

Está deseñada en dúas ás, día e noite. Todas as habitacións principais teñen vistas orientadas ao suroeste, cun balcón orientado ao oeste accesible desde a sala de estar. Hai dormitorios, unha cociña estilo tradicional e unha sala de estar de planta aberta. O acceso dos vehículos realízase a través dun camiño sinuoso que rodea a casa antes de terminar en dous espazos de estacionamento. A entrada principal atópase a través dunha ponte nova desde a estrada principal.

A terraza ofrece “vistas privilexiadas” ao bosque e ao río, xa que segundo publica Wallpaper, o arquitecto buscaba a sensación de “estar a flotar sobre as árbores“. A contrución realizouse cunha combinación de materiais de baixo custo “con detalles funcionais e un compromiso coa simplicidade”.

 

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...