Home Sen categorizar A Xunta aproba novas concentracións parcelarias en Friol e Castro de Rei

A Xunta aproba novas concentracións parcelarias en Friol e Castro de Rei

0
A Xunta aproba novas concentracións parcelarias en Friol e Castro de Rei
Vacas pacendo | Xurde Morán

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves os decretos de Medio Rural polos que se declaran de utilidade pública as concentracións parcelarias de San Xoán de Seoane de Pregación (Friol) e de Viladonga (Castro de Rei).

Ambos procesos foron solicitados polos respectivos concellos, eminentemente gandeiros, e apoiados polos titulares das explotacións da zona. No caso da parroquia de Friol, hai un total de doce granxas, mentres que na de Castro son seis, polo que resulta evidente a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here