InicioSociedadeDous novos falecidos por Covid en Lugo nas últimas horas

Dous novos falecidos por Covid en Lugo nas últimas horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou tres novos falecementos de pacientes con Covid-19 nas últimas 24 horas, o que eleva as vítimas a 726, mentres que contabilizou outros 270 positivos. Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, as últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e outro varón de 87 no HULA.

A eles súmase o falecemento, no seu domicilio da área sanitaria de Lugo, dunha muller de 88 anos de idade. Sanidade incidiu en que todos eles presentaban patoloxías previas.

DATOS

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este xoves, os casos activos de Covid descenderon nas áreas de Lugo, Vigo, Santiago e Ferrol, mentres que aumentaron lixeiramente na da Coruña e, en maior medida, nas de Ourense (57 máis) e Pontevedra (24 máis).

Deste xeito, na área da Coruña e Cee os casos activos de coronavirus sitúanse en 1.113 –tres máis que este mércores–; na de Lugo en 640 –39 menos–; 659 na de Ourense –57 máis–, 760 na de Pontevedra e O Salnés –24 máis–, 608 na de Santiago e Barbanza –25 menos–, 502 na de Vigo –nove menos– e 179 na de Ferrol –dez menos–.

Ata a data en Galicia curáronse 17.572 persoas, o que supón 264 máis que este mércores e rexistráronse 726 falecementos.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...