InicioSen categorizarLugo rexistra a maior baixada de contaxiados de Covid de Galicia

Lugo rexistra a maior baixada de contaxiados de Covid de Galicia

Entre o xoves e venres houbo unha baixada de 27 casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo ten este venres, 18 de setembro, 745 casos activos, 27 menos que o día anterior, a maior baixada de casos rexistrada en Galicia. Deles, trece están na UCI do HULA e 51 en hospitalización (2 no Hospital Público da Mariña, 3 no Hospital Público de Monforte, 13​ no Polusa e o resto no HULA). Os 691 restantes están gardando corentena en domicilio.

A situación en Lugo contrasta coa suba dos casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia que aumentaron en 11 nas últimas 24 horas tras detectarse 248 novos positivos e rexistrarse 233 novas altas, ademais de catro falecementos.

Segundo os datos facilitados este venres pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixan nas áreas de Lugo, Ferrol –seis menos– e Santiago –outro catro menos–.

En concreto, dos 4.317 casos activos rexistrados en Galicia, 1.237 corresponden á área sanitaria da Coruña –un máis que este xoves–, 745 á de Lugo –27 menos–, 631 á de Santiago –catro menos–, 611 á de Pontevedra –27 máis– 511 á de Ourense –oito máis–, 406 á de Vigo –12 máis– e 176 á de Ferrol –seis menos–.

Ata o momento, segundo os datos actualizados por Sanidade, curáronse en Galicia 16.297 persoas, o que implica 233 máis que este xoves, e faleceron 705 persoas con COVID-19.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...