InicioSociedadeCase 2.000 cans participan en Lugo nunha nova edición de ExpoCanina

Case 2.000 cans participan en Lugo nunha nova edición de ExpoCanina

O Pazo de Feiras e Congresos acollerá probas de axilidade e exposición de beleza cunha repercusión internacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo converterase esta fin de semana na capital canina do noroeste peninsular. A Sociedade Canina Galega organiza mañá e o domingo no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo unha nova edición da Exposición Nacional e Internacional Canina e as probas selectivas para o mundial de axilidade.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, acudiu á presentación da cita, da que destacou a súa importancia para o desenvolvemento dunha oferta turística diferenciada na provincia e o retorno económico que supón. Nesta edición, agárdanse en Lugo máis de 1.800 cans de ata 150 razas e uns 800 propietarios procedentes de toda España, Francia e Portugal.

No acto, Rivera estivo acompañado polo presidente da Sociedade Canina Galega, Agustín Fontán, o Concelleiro de Medio Rural e Deportes de Lugo, Miguel Fernández, e o xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López.

“Xunto co Salón do Cabalo de Galicia, Equigal, esta cita é un dos eventos máis espectaculares da programación do Pazo de Feiras. Recomendado para todas as idades, este concurso canino ofrece a oportunidade de ver algo diferente. É un auténtico privilexio telo en Lugo”, dixo Pablo Rivera.

AS PROBAS

As probas comezarán o sábado, ás 9.30 horas. Neste primeiro día de competición terá lugar a exposición nacional, que porá en xogo un punto para o Campionato de España, e ao tempo desenvolveranse as probas de axilidade, que son selectivas para participar no Campionato de Europa.

O domingo, a exposición de beleza adquirirá unha dimensión internacional, xa que puntuará para o Campionato Internacional. A entrada será gratuíta para os nenos e nenas, e os adultos pagarán un prezo reducido de 3 euros grazas ao apoio da Deputación e o Concello. A cita tamén poderá seguirse en directo por Internet.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...