Home Sen categorizar Os afectados de Suplusa: “Non se debe obviar nin esquecer o conflito da selección de persoal”

Os afectados de Suplusa: “Non se debe obviar nin esquecer o conflito da selección de persoal”

0
Os afectados de Suplusa: “Non se debe obviar nin esquecer o conflito da selección de persoal”
Pleno da Deputación de Lugo / Arquivo

EFE.- A Plataforma de Afectados de Suplusa anunciou que solicitará unha entrevista con todos os grupos políticos da executiva provincial: Partido Popular, PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego. Procuran que o proceso de selección de persoal do ano 2015 non caia no esquecemento agora que se abre un tempo novo no relativo a Suplusa e á polémica dos centros de maiores.

Nun comunicado, o colectivo asegurou que a situación xerada con “aquela selección de persoal responde a decisións políticas”, polo que consideran que “debe ser tamén a través de decisións políticas como se lle dea solución ao conflito”.  Desde a ‘Plataforma de Afectados pola selección de persoal para as residencias’ entenden que, aínda que a situación das persoas afectadas xa estea no xulgado, tampouco se debe “obviar nin esquecer” no debate político do futuro das residencias e de Suplusa.

Así mesmo, aseguraron que se desde a Deputación van crear un total de 18 residencias provinciais, “hai marxe suficiente para encaixar ás persoas seleccionadas e dar unha solución xusta e digna tanto ás persoas afectadas como para a propia institución”.

As críticas da plataforma esténdense á xestión do organismo provincial en xeral, posto que consideran que a Deputación “debe estar para solucionar problemas e non para crealos”

PARTIDO POPULAR

Pola súa banda, o Partido Popular tamén lle urxiu  ao presidente provincial que fixe “canto antes” unha reunión de traballo para coñecer como se vai producir a integración de Suplusa na Deputación. Din que o “lóxico” é  que se lles proporcione información sobre o futuro dos traballadores que foran seleccionados naquel proceso.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here