InicioSen categorizarGonzalo Caballero acusa a Feijóo de ter abandonado o medio rural e...

Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de ter abandonado o medio rural e de “facer política contra os concellos”

"Necesitamos concellos socialistas en toda Galicia para seguir modernizando o país en compañía do goberno de Pedro Sánchez", dixo Caballero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este sábado a feira de San Isidro de Sarria (Lugo) en compañía da alcaldesa, Pilar López, onde denunciou o “abandono” por parte da Xunta de Alberto Núñez Feijóo aos concellos e ao medio rural. “Fixo política contra os concellos e contra o medio rural”, asegurou o líder dos socialistas galegos, quen afeou que “a incapacidade de xestión” de Feijóo implicase que “os concellos asuman máis traballo do que lles corresponde a pesar de non contar con orzamentos para facelo”.

Aludiu así Gonzalo Caballero ás tarefas de loita contra as pragas ou aos incendios, ou a atención aos cans abandonados, para facer fincapé en que “a Xunta non cumpre e delega nos concellos”, sen fondos adicionais, polo que concluíu que “o voto ao PSOE é a favor da boa xestión” fronte a estes “incumprimentos”. “Necesitamos concellos socialistas en toda Galicia para seguir modernizando o país en compañía do goberno de Pedro Sánchez”, dixo Caballero, á vez que recalcou que o éxito nestes comicios tamén será “a antesala dun triunfo posterior”, nas eleccións autonómicas.

“UNHA PAC BEN DOTADA”

Así mesmo, Gonzalo Caballero pediu aos cidadáns que escollan tamén a papeleta socialista nas europeas, posto que o seu grupo traballará por “unha política agraria e gandeira que permita darlle ao sector máis ingresos dos que percibe a día de hoxe debido a unha cadea de distribución que actualmente lles prexudica”.

“Apostamos por unha PAC ben dotada e sen renacionalizaciones”, defendeu o secretario xeral do PSdeG, que expresou o seu “compromiso claro” con “unha política europea que poña o centro de atención nas necesidades da cidadanía“. Co obxectivo de combater a falta de poboación e o abandono do rural, Gonzalo Caballero avogou por impulsar os sectores primarios para “ter actividade económica pegada aos territorios”.

No relativo a Sarria, o líder socialista sinalou que a candidata á reeleción, Pilar López, “representa a capacidade de traballar para o seu pobo”, pondo “os intereses colectivos por encima dos persoais“. Pola súa banda, a rexedora explicou que Sarria “necesita fomentar a industria” e, nese sentido, aludiu a un proxecto que se porá en funcionamento “en breve grazas ao compromiso do Ministerio de Fomento”. “O polígono estaba paralizado polo PP, pero volveuse a activar”, dixo Pilar López, indicando que, na actualidade, hai “cero metros de chan industrial” no seu concello.

Pouco máis tarde, nun mitin no municipio lucense de Baralla, Gonzalo Caballero describiu a Jaime González como “o candidato excelente” para “dar un cambio” a esta localidade e “acabar con máis de 30 anos de malas políticas e amiguismos do PP”. Entre as iniciativas que quere pór en marcha, destacou un centro de día para atender aos maiores, un aparcadoiro para camións, un edificio público para as asociacións municipais e novas rutas de sendeirismo, así como promocionar a Vía Küning como motor de novas oportunidades económicas.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...