InicioSen categorizarLicitadas as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de...

Licitadas as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo

Os traballos, que terán un prazo de execución de dous meses, buscan atallar "algunhas patoloxías", sinala a Xunta de Galicia, como "a filtración de humidades e a acumulación de auga que presiona sobre o muro interior".

PUBLICADA O

A Consellería de Cultura e Turismo sacou a licitación as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo -situado á altura da Rúa Clérigos- por un importe de 146.500 euros, un proxecto co que se pretende consolidar a estrutura para acabar cos desprendementos que veñen producindo nesa parte do monumento romano.
Os traballos, que terán un prazo de execución de dous meses, buscan atallar “algunhas patoloxías”, sinala a Xunta de Galicia, como “a filtración de humidades e a acumulación de auga que presiona sobre o muro interior”. Para iso, haberá que realizar unha escavación arqueolóxica manual no adarve ata a cota orixinal romana.
A escavación tamén permitirá restaurar, documentar e protexer a escaleira de acceso, así como a estrutura do cubo. Así mesmo, o seguimento arqueolóxico da obra tamén inclúe a realización de dúas catas para definir o trazado orixinal da cota romana, documentar a escaleira e realizar o levantamento topográfico e a fotogrametría 3D desa estrutura.
+ posts

ÚLTIMAS

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...

Tres mulleres agredidas en Lugo, dúas delas nunha pelexa entre ambas

A Policía Local de Lugo interveu nos últimos días en varios incidentes rexistrados en...