InicioPolíticaEn Común Lugo pide "parar os pés" á extrema dereita

En Común Lugo pide “parar os pés” á extrema dereita

En Común Unida-Podemos presentou a súa candidatura luguesa para as próximas eleccións xerais do 28 de abri, coa que aspira a promover medidas reais que "melloren a vida" das persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

En Común Unidas Podemos presentou este martes en Lugo a súa candidatura para as próximas eleccións xerais do 28 de abril coa que aspira a promover medidas reais que “melloren a vida” das persoas.

A ‘número un’ da lista pola provincia, Vanessa Somoza, destacou a importancia destes comicios para “deter o auxe dunha extrema dereita” á que hai que “parar os pés”. “Tamén temos que debater moito co PSOE que non quere deter as cloacas do Estado, quitar as medallas a ‘Billy el Niño’ ou facer algo fronte á lei mordaza”, manifestou.

Ademais, advertiu de que Lugo é o terceiro municipio galego con máis “pobreza ancorada”. “Todo isto temos que cambialo, derrogando as reformas laborais e por medio de leis que melloren a vida das persoas, porque se pode facer. Só falta vontade”, apuntou.

Pola súa banda, a cabeza de lista por Pontevedra, Yolanda Díaz, asegurou que o PSOE non se enfrontará aos que mandan. “Por iso, nestas eleccións, xogámonos todo”, sinalou.

Ademais, o candidato pola Coruña Antón Gómez Reino considerou “imprescindible” estar no centro das políticas do Estado para facer políticas para a maioría social galega. “A nosa intención é gobernar e crear un futuro no que teñan cabida todas as maiorías sociais”, indicou.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG de Lugo

O exconcelleiro e profesor xubilado Antón Bao foi elixido responsable local do BNG de Lugo tras...

O PP de Lugo reúne nunha publicación os “logros” da Xunta e os “incumprimentos” do Goberno local e este responde

Os membros do Grupo Municipal do PP en Lugo, con Elena Candia á fronte,...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as...