InicioCulturaXa hai datas para o Arde Lucus 2019: 14, 15 e 16...

Xa hai datas para o Arde Lucus 2019: 14, 15 e 16 de xuño

O Concello de Lugo celebra a participación deste ano e fixa un calendario que demandaban asociacións históricas e hostaleiros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, anunciou este luns as datas da vindeira edición do Arde Lucus. Será os días 14, 15 e 16 de xuño de 2019, a fin de semana seguinte á Ofrenda do Corpus, referencia que se emprega para fixar no calendario a celebración desta festa de recreación histórica, declarada de Interese Turístico Nacional.

O certo é que este calendario era demandado entre as entidades colaboradoras co festexo, tanto na hostalaría coma entre as asociacións históricas. As datas garantizan bo tempo e manteñen certa distancia co mes de xullo, unha situación de consenso entre os distintos colectivos. Fixar definitivamente a celebración a mediados de xuño contribuirá tanto á organización como a quenes queiran achegarse á celebración.

No referente á edición concluída esta fin de semana, que a alcaldesa Lara Méndez cualificou de “espléndida”, dende o Concello salientan a boa acollida do novo emprazamento da Castra de Lucus Augusti, no parque Rosalía de Castro. O corazón verde da cidade axudou a levar a calor, organizar o tránsito de persoas e diversificar os ambientes do festexo. A rexedora valorou a convivencia e a participación, “un éxito colectivo”.

Nesta liña, a concelleira de Cultura subliñou a integración dos diferentes grupos de recreación histórica, fosen locais, nacionais ou internacionais. Segundo Basadre, o Arde Lucus volveu cumprir as expectativas mercé a devanditas asociacións, a quenes agradeceu o traballo e a “vistosidade que lle dan á rúa”. Tampouco quixo esquecer ás forzas de seguridade e os servizos de limpeza polo seu labor.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...