InicioLugo e contornaLugoLugonovo presume de “sentidiño” lucense na súa candidatura

Lugonovo presume de “sentidiño” lucense na súa candidatura

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Mercado Municipal de Lugo foi o escenario elixido por Lugonovo para presetnar oficialmente a súa candidatura ás municipais. Un acto no que participaron máis dun cento de persoas e no que a formación quixo deixar claro o seu compromiso co comercio local e cos espazos comúns da cidadanía.

Acompañados pola música de Berta Franklin, o acto contou coas intervencións de Xosé Chorén Vázquez, Cristina Pérez Herraiz e Paula González Fernández, as tres persoas que integran os primeiros postos da lista. Durante a súa intervención, Chorén, alcaldábel de Lugonovo, agradeceu a confianza depositada e o paso adiante dado por todas as persoas que o acompañan na lista electoral, unha “tarefa compartida e necesaria para recuperar a cidade que botamos en falta” sinalou.

“Para que as políticas sociais funcione, para que os servizos e o benestar estean garantidos, ten que haber unha actividade económica dinámica que permita financialos comodamente, e ten que haber un Concello que os regule e xestione ben”, dixo.  Un “compromiso firme coa xestión” que o candidato asegurou que está presente na lista de 25 veciñas e veciños, de toda a cidade e de perfís moi variados.

Pola súa banda, Cristina Pérez defendeu o traballo municipal da formación durante estes anos, “cun auténtico record de iniciativas aprobadas que demostran que onde está Lugonovo está o sentidiño”. A portavoz municipal destacou a impronta da organización en moitas das medidas máis progresistas que se implementaron nestes anos na cidade, pero lembrou “aquelas que a desidia municipal deixou sen implementar, aínda que fosen aprobadas en pleno”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...