InicioLugo e contornaLugoA Xunta Electoral apercibe a Concello e Deputación Lugo por inauguracións

A Xunta Electoral apercibe a Concello e Deputación Lugo por inauguracións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta Electoral Provincial apercibiu ao Partido Socialista, ao Concello de Lugo e á Deputación Provincial “para que se absteñan de realizar actividades prohibidas pola lexislación electoral”, como publicitar “logros” ou realizar “inauguracións”, aínda que “non as denominen así”.

Esta resolución produciuse por mor da denuncia presentada por Ciudadanos, que puxo en coñecemento da Xunta Electoral Provincial que a alcaldesa, Lara Méndez, “convocou á prensa para a posta en servizo do ascensor instalado polo Concello de Lugo na Avenida das Fontiñas”, na capital lucense, e a suposta “inauguración” que fixo o presidente da Deputación, Darío Campos, da residencia do municipio de Pol.

“As institucións públicas”, engade a Xunta Electoral Provincial, “son as primeiras que deben observar escrupulosamente o cumprimento da Lei electoral e as instrucións da Xunta Electoral Central desde a convocatoria de eleccións e así garantir os principios de transparencia e igualdade”.

A portavoz de Ciudadanos, Olga Louzao, precisou que o seu grupo denunciou ante a Xunta Electoral Provincial as “inauguracións encubertas do ascensor de Fontiñas, a residencia de Pol e a Praza da Milagrosa, prevista para hoxe”.

En declaracións a Efe, dixo que “a desesperación de Lara Méndez e Darío Campos lévaos a facer inauguracións en plena campaña, ao máis puro estilo da vella política”.

“Fan trampas, saltándose a Lei electoral e usan as institucións no seu beneficio e non en beneficio dos cidadáns de Lugo e do resto da provincia”, conclúe.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...