InicioSociedadeA Xunta sinala o Concello de Navia e a CHC como responsables...

A Xunta sinala o Concello de Navia e a CHC como responsables de reparar a pasarela que cruza o río

Lembran que a Administración Autonómica investiu diñeiro na construción da infraestrutura a principios dos 90, pero son os gobernos locais os que se deben facer cargo do seu mantemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A delegación territorial da Xunta de Galicia di comprender as queixas ante o mal estado da pasarela peonil que cruza o río Navia, no concello homónimo, e que serve de acceso a Barcia. Porén, sinala que as administracións competentes para a súa reparación son o propio Concello de Navia de Suarna e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC).

Dende a Xunta entenden que as queixas veciñais “están totalmente xustificadas”, posto que, ao seu parecer, esta infraestrutura de madeira require unha obra de reparación integral. Lembran que, igual ca pasou noutros concellos de Lugo, a Xunta achegou os recursos económicos precisos para a construción de tal pasarela a inicios dos 90. Non obstante, serían os concellos os que se deberan encargan das tarefas de conservación e mantemento. “Claramente, neste caso non se teñen realizado convenientemente ou, directamente, descoidáronas”, critican.

En calquera caso, a Xunta fala dunha responsabilidade compartida coa Confederación Hidrográfica do Cantábrico, organismo competente neste espazo fluvial que podería colaborar co Concello nunha posible remodelación da pasarela.

ÚLTIMAS

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...

Falece un universitario de 21 anos con raíces na Fonsagrada na Facultade de Filosofía de Valladolid

Un universitario de 21 anos e con raíces no municipio lucense da Fonsagrada faleceu...