InicioLugo e contornaLugoO PP reclama explicacións ao Goberno por quedar Auxilia fóra das axudas...

O PP reclama explicacións ao Goberno por quedar Auxilia fóra das axudas a entidades de discapacidade

A exclusión prodúcese tras a aprobación do Real Decreto 642/2026, de 29 de xullo, que establece as entidades beneficiarias destas axudas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Representantes do Partido Popular de Lugo no Congreso e o Senado visitaron este mércores as instalacións de Auxilia na cidade de Lugo para coñecer de primeira man a actividade desta entidade e anunciar a presentación de preguntas parlamentarias ao Goberno central pola súa exclusión das axudas estatais destinadas a organizacións especializadas no ámbito da discapacidade.

Os senadores José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto coa deputada Cristina Abades, preguntarán ao Executivo polos motivos polos que Auxilia quedou fóra das subvencións de concesión directa do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, despois de recibir este apoio durante os últimos anos.

Como explica o PP, Auxilia é unha entidade de voluntariado sen ánimo de lucro fundada en 1972. Con máis de cinco décadas de traxectoria, desenvolve na provincia de Lugo programas de atención, acompañamento, integración e promoción da autonomía de persoas con discapacidade física e enfermidades crónicas.

A exclusión prodúcese tras a aprobación do Real Decreto 642/2026, de 29 de xullo, que establece as entidades beneficiarias destas axudas.

Os populares queren saber tamén se o Goberno contempla corrixir a decisión ou adoptar algunha medida para compensar o impacto que poida ter sobre a organización e sobre as persoas ás que presta atención.

O PP sostén que a medida supón “un enorme prexuízo” para Auxilia e advirte de que “compromete a continuidade dos programas destinados ás persoas con discapacidade física e enfermidades crónicas”.

Os representantes populares consideran especialmente difícil de entender a decisión porque o propio Real Decreto recoñece o papel esencial das entidades especializadas en discapacidade para garantir a igualdade de oportunidades e o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con discapacidade, ademais de xustificar estas subvencións pola súa experiencia, especialización técnica e capacidade organizativa.

Por iso, os deputados e senadores lucenses reclaman explicacións ao Executivo e cualifican a exclusión de “un novo castigo a Lugo”, agravado, ao seu xuízo, por afectar á atención de persoas en situación de vulnerabilidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...