InicioPolíticaA Deputación anuncia que o mércores se asinará o convenio para a...

A Deputación anuncia que o mércores se asinará o convenio para a reforma da Protectora de Animais en Muxa

O convenio mobiliza un investimento total de preto de 745.000 euros, financiado a partes iguais polas tres administracións, cunha achega de case 250.000 euros por cada unha delas

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, anunciou este venres que o vindeiro mércores terá lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para facer realidade a reforma integral das instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, situadas en Muxa.

Fernández, quen será o representante da Deputación que asinará o acordo, pon en valor que este acto permitirá culminar un traballo institucional que a Deputación impulsou nos últimos meses para desbloquear unha actuación moi demandada. “O importante é que, despois de moitos anos de espera, a Protectora contará por fin co respaldo das administracións para acometer unha reforma imprescindible das súas instalacións”, sinalou.

O convenio mobiliza un investimento total de preto de 745.000 euros, financiado a partes iguais polas tres administracións, cunha achega de case 250.000 euros por cada unha delas. Miguel Fernández lembrou que a colaboración da Deputación vai máis alá da achega económica. Ademais de consignar a totalidade da súa contribución neste mesmo exercicio, a institución provincial cede á Sociedade Protectora o uso da parcela na que se atopan as instalacións durante un prazo de dez anos, unha medida que achega estabilidade ao proxecto e facilita a execución das obras.

Neste sentido, o Deputado destacou que a Deputación “cumpre cos compromisos adquiridos e lidera este investimento”, ao ser a única das tres administracións que realiza a totalidade da súa achega económica ao longo deste ano.

A reforma permitirá modernizar unhas instalacións que levan anos precisando unha actuación integral para adaptarse ás necesidades actuais e mellorar tanto as condicións dos animais como o traballo que desenvolven diariamente os profesionais e o voluntariado da Protectora.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...