InicioLugo e contornaLugoMiguel Fernández sinala a colaboración do Colexio de Avogados de Lugo coas...

Miguel Fernández sinala a colaboración do Colexio de Avogados de Lugo coas “persoas internas”

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento coñeceu na sede da entidade colexial o funcionamento do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penitenciaria que se desenvolve cunha achega de 12.000€ da Deputación, máis do 80% do financiamento total do programa

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, coñeceu na sede do Colexio de Avogados de Lugo o funcionamento do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penal (SOAJP), dirixido a atender as necesidades xurídicas das persoas internas nos centros penais de Bonxe e Monterroso.

Miguel Fernández fixo entrega a Xosé Manuel Fernández Varela, decano da entidade colexial, do novo convenio de colaboración que permitirá continuar esta anualidade co desenvolvemento deste servizo, “que desde hai anos presta asesoramento xurídico especializado a un colectivo especialmente vulnerable”. A Deputación achega 12.000 euros para colaborar no financiamento do SOAJP, unha cantidade que representa máis do 80 % do custo total do programa que ten un orzamento de preto de 14.500€. Esta achega permite contribuír aos gastos derivados da formación obrigatoria dos profesionais participantes, dos desprazamentos aos centros penais e da compensación económica pola prestación do servizo de asesoramento.

Segundo sinalou o Deputado grazas a esta cooperación institucional “garantimos o acceso á xustiza das persoas internas, permitíndolles ter orientación e apoio xurídico en cuestións relacionadas cos seus dereitos, coa súa situación penitenciaria e cos procedementos nos que estean inmersas”.

O Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penal está integrado por avogados e avogadas que, tras recibir unha formación específica organizada polo Colexio da Avogacía de Lugo, prestan atención ás persoas internas dos centros penais de Monterroso e Bonxe. O servizo organízase mediante quendas de atención semanal, con consultas presenciais nun dos centros e atención telemática para o outro cando resulta posible.

Entre as funcións dos profesionais do SOAJP atópanse o asesoramento sobre os dereitos das persoas internas, a orientación ante posibles sancións ou restricións de dereitos, a colaboración na tramitación do dereito á xustiza gratuíta e a coordinación cos avogados e avogadas particulares ou de oficio que teñan asumida a súa defensa.

O Colexio da Avogacía de Lugo é o encargado da organización e coordinación do servizo, así como da formación dos letrados participantes e da interlocución cos centros penais para canalizar as consultas e solicitudes de asesoramento.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...