InicioLugo e contornaLugoPechada unha fuga de augas fecais na rotonda no Camiño da Rocha,...

Pechada unha fuga de augas fecais na rotonda no Camiño da Rocha, en Lugo

Precisamente, esta situación xa fóra denunciada polo Grupo Municipal Popular, que reclamaba unha solución tanto polos problemas de salubridade que ocasionaba como polos riscos que xeraba para a circulación nun punto de intenso tránsito.

PUBLICADA O

O Concello de Lugo está a executar unha actuación para canalizar as augas que ata o de agora discorrían sen control ata a rotonda situada na confluencia do Camiño Romai, o Camiño da Roca, o Camiño da Fonte e a rúa Alexandre Bóveda.
A intervención desbloquea a unha problemática que viña afectando á veciñanza deste contorna desde hai tempo. As augas fecais descendían por uns terreos ata desembocar na glorieta, provocando malos cheiros, a presenza de augas de aspecto branquecino e, en determinados momentos, a inundación da rotonda, co conseguinte risco para a seguridade viaria.
Precisamente, esta situación xa fóra denunciada polo Grupo Municipal Popular, que reclamaba unha solución tanto polos problemas de salubridade que ocasionaba como polos riscos que xeraba para a circulación nun punto de intenso tránsito.
Os traballos que se están a executar para eliminar este vertido de augas fecais, debido ao colapso do colector de saneamento, consisten na substitución de 50 metros do antiguo colector de saneamento de formigón por un novo de  PVC 400mmm , de maiores garantías e mellor comportamiento hidráulico. 
Con esta intervención, o Concello continúa desbloqueando e avanzando na resolución de incidencias que afectaban ao día a día da veciñanza, transformando demandas pendentes en actuacións concretas.
+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...