InicioPolíticaO PSdeG acusa ao PP de dar "información falsa" intencionadamente sobre a...

O PSdeG acusa ao PP de dar “información falsa” intencionadamente sobre a defensa de José Tomé

"Ás malas persoas enseguida recoñécense e nunca acaban ben", reproban os socialistas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG da provincia de Lugo ha recrudecido as súas críticas contra o portavoz do Partido Popular na Deputación, Antonio Ameijide, quen, o pasado mércores cuestionaba a posible utilización de fondos públicos para sufragar a defensa xurídica do expresidente José Tomé no caso da suposta agresión sexual no que está investigado. Os socialistas volven acusar ao PP de “mentir deliberadamente” e de tentar xerar unha “campaña de intoxicación política” contra o goberno provincial que preside Carmela López.

Sobre este asunto, a propia Deputación xa aclarara nun comunicado previo que a institución dispón dunha póliza de responsabilidade civil para autoridades e persoal da Administración, un mecanismo habitual nas administracións públicas e suxeito a condicións específicas. E é esa póliza é a que pediu usar José Tomé na súa condición de deputado provincial non adscrito.

O PSdeG sostén que as afirmacións realizadas por Ameijide “non se corresponden coa realidade” e subliñan que “é rotundamente falso que a Deputación de Lugo decidise pagar a defensa xurídica de ningún cargo público”. Os socialistas engaden que “non existe ningún acordo adoptado nin ningún acto administrativo que implique o uso de diñeiro público para ese fin”.

Segundo a formación, o portavoz popular “coñece perfectamente esta situación”, pero aínda así opta por trasladar á opinión pública unha versión que consideran interesada. “O que está a facer é especialmente grave porque omite información esencial e pretende facer crer á cidadanía que a Deputación está a financiar a defensa dun investigado con fondos públicos. Mente con descaro sabendo que a mentira e as súas falsas acusacións non teñen ningún custo político para o seu partido”, sinalan.

Os socialistas consideran que a actuación do dirixente popular responde a unha estratexia de confrontación política baseada na desinformación. “Antonio Ameijide converteu a mentira nun método de oposición“, afirman, á vez que lle reprochan actuar con “mala fe política” e recorrer a “acusacións infundadas e medias verdades”.

CRÍTICAS A ELENA CANDIA

O PSdeG tamén dirixiu as súas críticas cara á presidenta provincial do PP, Elena Candia. Os socialistas aseguran que Ameijide está a reproducir “o modelo político ‘okuPPa’ da súa xefa provincial” e sosteñen que “o seu maior mérito é copiar un sistema baseado en mentiras, acusacións sen fundamento e medias verdades pensando que así chegará a ocupar tamén algún día algunha cadeira de brazos”.

A formación socialista defendeu a xestión do goberno provincial e asegurou que continuará actuando “con rigor, transparencia e absoluto respecto á legalidade”. Así mesmo, reclamou que o debate político se base en feitos contrastados e non en “mensaxes que deforman os feitos”. Non faltaron tamén acusacións de actuar con “mala fe política” ao acusar a Ameijide de “mentir máis que fala e de falar máis que sabe”, Asegura o PSOE que “para ser político non hai que ser mala persoa, nin manipular, insinuar e embarrar. Ás malas persoas enseguida recoñécense e nunca acaban ben”, sentenciou.

“O debate político é lexítimo, pero non pode sustentarse na difusión de informacións falsas. As mentiras teñen pártalas moi curtas e Ameijide volveu quedar retratado”, conclúen desde o PSdeG, que consideran que a polémica xerada ao redor deste asunto responde a unha estratexia do Partido Popular para desgastar ao executivo provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...