InicioLugo e contornaLugoOs 'populares' sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

Desde o PP provincial sinalan que “toca agradecer á Xustiza que nos dea a razón e condene a inactividade da Deputación de Lugo. E á nova presidenta tócalle demostrar que ten vontade de cambio e que ten liberdade dentro da institución para tomar decisións”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que “a condena do TSXG á Deputación para abrir e poñer en funcionamento a residencia de Becerreá é o enésimo aviso a PSOE e BNG”. Así mesmo, sinala que “a Xustiza avala o que todos e todas, excepto o goberno provincial de PSOE e BNG, levamos anos reclamando: a apertura da residencia de maiores e centro de día de Becerreá por parte da Deputación de Lugo”.

O popular apunta que “hoxe toca agradecer á Xustiza que nos dea a razón e condene a inactividade da Deputación de Lugo. E á nova presidenta tócalle demostrar que ten vontade de cambio e que ten liberdade dentro da institución para tomar decisións”, engade.

Ameijide tamén reflexiona sobre reflexiona sobre “a posibilidade que abre esta sentenza de esixir responsabilidades legais a políticos concretos que durante anos bloquearon o cumprimento deste convenio e tentaron enganar a veciños e administracións”.

Pola súa banda, o portavoz municipal do PP, José Fernández Carrete, incide en que “non caben matices. A sentenza deixa claro o incumprimento do convenio” por parte do goberno da Deputación de Lugo. Así, “a apertura inmediata do centro xa non é só un tema de vontade política, senón unha esixencia xudicial”.

Os populares poñen en valor “a implicación de todos os que teñen reivindicado, ata a saciedade, a apertura desta residencia: veciños e veciñas -que recolleron 2.700 firmas-, a Plataforma Pro Residencia de Becerreá -que, incluso, sufriu o veto dalgúns dos seus membros por parte de Tomé- e outros colectivos que demandaron este servizo fundamental para Becerreá e a comarca”.

Carrete engade, así mesmo, que “hai que lembrar o traballo do propio Concello “que contou co noso apoio á hora de defender os intereses xerais do municipio e dos nosos veciños e veciñas” e a “insistencia do Grupo Provincial do Partido Popular que leva presentado numerosas iniciativas neste senso”.

A última, no Pleno de xaneiro de 2026 para esixir a apertura do centro no primeiro semestre do ano; pero o voto en contra de PSOE e BNG “fíxonos temer que o goberno provincial, baixo a nova presidencia da señora López Moreno, continúe a liña do seu antecesor, o señor Tomé, dilatando no tempo a apertura deste centro rematado fai 4 anos, que dispón de 96 prazas de residencia e 40 de centro de día e que debería estar en marcha antes de decembro do 2023”, segundo manifesta o portavoz provincial.

Deste xeito, daríase cumprimento ao convenio asinado entre a institución provincial e o Concello -que foi o que interpuxo un recurso ante a Xustiza para reclamar o seu cumprimento-; despois dun acordo do Pleno da Deputación de Lugo adoptado fai case 10 anos -en novembro do 2016- atendendo á unha demanda incluída polo Partido Popular e o deputado non adscrito nas emendas ao orzamento da institución provincial para esa anualidade.

“Sempre defendemos a construción e apertura da residencia de Becerreá dende a responsabilidade política e a vontade de diálogo, como demostraron os deputados do PP e a súa portavoz no 2016, Elena Candia, e os representantes do Concello de Becerreá”, engade Ameijide.

Dende o PP esixen “o cumprimento da sentenza e a apertura inmediata da residencia nos termos asinados no convenio, non cun modelo de xestión privatizado e os prezos un 60% máis caros do que estaban a pagar o usuarios do resto de centros da rede provincial, como semellaba intentar o goberno provincial”.

PRIVATIZACIÓN, ENCARECEMENTO E MANOBRAS PARA DILATAR A APERTURA
O portavoz provincial do PP lembra que “xa advertiamos que o goberno provincial intentaba facer ver que facía” para “dilatar no tempo a súa apertura”. Pero, a propia Xustiza detectou estas “constantes manobras de distracción” que tacha de actos de trámite insignificantes ou dilatorios… que non satisfán o interese lexítimo da demandante nin a finalidade do propio convenio”.

De feito, en novembro do ano pasado o goberno provincial adxudicaba un contrato menor para a ‘Contratación de servizos técnicos especializados en concesión de servizos de centro de atención a persoas maiores’ cun período de 12 meses “cando todos os pregos e a licitación dos contratos para o resto de residencias se preparan dende a propia Deputación de Lugo”.

Pero, ademais, viamos en xullo do 2025 que “PSOE e BNG aprobaban a memoria que recolle o modelo de xestión privatizado e os prezos, establecendo un 60% máis por cada praza con respecto ao que estaban a pagar os usuarios do resto de centros da rede provincial”.

A este respecto, o popular fai referencia á “última sorpresa por parte do goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo foi que no último Pleno aprobaron tamén as mesmas tarifas para o resto das 9 residencias que ten abertas na provincia de forma que un usuario dependente pasaría de pagar 1.390€/mes a 2.200€/mes”, advirte.

OUTRA RESOLUCIÓN XUDICIAL EN CONTRA DA SÚA XESTIÓN
Non é a primeira vez que os tribunais resolven contra a forma de xestionar deste goberno provincial. Tivo que ser a Xustiza a que lle dixo ao goberno provincial de PSOE e BNG que a compra dunha acción de Tragsa, sen un acordo plenario, non se axustaba a dereito, como xa advertiamos dende o Partido Popular. Os traballadores de Suplusa deben ser, polo tanto, integrados no cadro de persoal da Deputación de Lugo. Neste caso, tamén insistiremos para que atendan á resolución xudicial do Tribunal Supremo.

+ posts

ÚLTIMAS

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os exames oficiais Trinity de inglés celebraranse na UNED de Lugo

A UNED de Lugo acollerá o vindeiro mes de xuño unha nova convocatoria dos exames oficiais Trinity...

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

A Deputación reafirma o seu compromiso coa residencia de maiores de Becerreá

A Deputación Provincial de Lugo reafirma o seu compromiso coa apertura da residencia de...