InicioPolíticaO PP cre que a Deputación de Lugo manterá pechado o complexo...

O PP cre que a Deputación de Lugo manterá pechado o complexo turístico e Augasmestas

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denunciou o estado de "abandono total" no que se atopa Augasmestas, xa que “o mobiliario e o material interior —que contaba cun prazo de instalación de dous meses — segue sen colocarse”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao voceiro do PP de Quiroga, Adrián González, comprobaron o estado do complexo turístico de Augasmestas, propiedade da Deputación de Lugo e localizado no Concello de Quiroga, que “un ano máis semella ter moi complicado abrir de cara á campaña de verán a pesar de que o goberno de PSOE e BNG anunciou durante 2025 contratacións por importe de 264.933,12€”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denunciou o estado de “abandono total” no que se atopa Augasmestas, xa que “o mobiliario e o material interior —que contaba cun prazo de instalación de dous meses — segue sen colocarse”.

A isto súmase o lamentable estado do exterior: o peche vexetal atópase seco por falta de coidado e as zonas verdes están totalmente descoidadas. “É inaceptable que se invistan fondos públicos en contratos que despois non se supervisan nin se manteñen”, lamentou.

Algunhas das principais contratacións realizadas por PSOE e BNG para este complexo turístico son:

  • Equipamento do campamento (Lote 1), 92.704€ 

  • Equipamento do campamento (Lote 2), 60.500€

  • Posta en funcionamento do campamento, 44.348,94€

  • Mellora da depuración, 35.234,41€ (pendente de instalar)

  • Peche vexetal, 29.340,03€

  • Subsanación de defectos, 2.865,74€

Antonio Ameijide denuncia que este é un exemplo máis da “nefasta xestión” de socialistas e nacionalistas. “Estamos case en abril e un recurso turístico de primeiro nivel para a comarca segue pechado e deteriorándose”, denunciou.

Para o voceiro popular “a situación é moi preocupante” xa que “vemos como son incapaces de poñelo en marcha tras case 20 anos pechado” polos gobernos de PSOE e BNG.

Non sabemos sabe cal é a previsión do goberno provincial, nin o proxecto, nin a que se vai dirixir, nin en que condicións, pero vemos como a realidade apunta a que teñen moi complicado poñelo en marcha”, indicou.

COMPLEXO TURÍSTICO PIONEIRO

O complexo de Augas Mestas foi inaugurado en 1996 na confluencia dos ríos Lor e Sil, no entorno da Ribeira Sacra e do xeoparque Montañas do Courel, e as instalacións dispoñen de zona de acampada, bungalows, outras construcións de pedra, piscinas – unha para adultos e outra para nenos-, edificios de servizos -recepción, restauración, vestiarios- e, incluso, un pantalán de acceso ao río para embarcacións.

Un complexo pioneiro que debera ser referente e tractor turístico dun entorno privilexiado que leva anos esquecido polos gobernos provinciais de PSOE e BNG que suspenden en materia de impulso turístico”, afirmou.

Dende o Grupo Provincial Popular temos claro que Augamestas “é fundamenal para dinamizar a actividade na zona” que, ademais, se viu afectada polos incendios forestais do pasado verán.

POSTA EN VALOR DO EMBARCADOIRO

Ameijide cre tamén que “hai que estudar a forma de recuperar as rutas de catamarán dende o embarcadoiro de Augasmestas que foron desmanteladas polos gobernos de PSOE e BNG; unha mágoa que onte se presentasen as rutas fluviais en catamarán e non houbera nin unha soa referencia ás rutas no entorno de Quiroga e Ribas de Sil”.

Así mesmo, defende a compatibilidade do uso do pantalán por parte da asociacións ou entidades asociativas co da propia actividade do complexo; despois de que “o goberno da Deputación negara sen ningún tipo de xustificación lóxica o seu uso por parte doutras entidades”. De feito, “en toda a rede de embarcadoiros da provincia se autoriza o seu uso, por exemplo, a empresas de turismo fluvial dinamizan o sector turístico ao mesmo tempo que poñen en valor o noso territorio”. Polo tanto, “denegar o uso do embarcadoiro de Augasmestas parécenos inxusto e carente de sentido”.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...