Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que “non concrete prazos” sobre os labores de conservación do firme no tramo da N-6 en Cruzul, en Becerreá.
Segundo trasladaron nunha nota de prensa, os representantes populares na Cámara Alta explicaron que en resposta a unha pregunta do PP o Executivo “negouse a ofrecer unha data”.
En concreto, o tramo afectado sitúase entre os puntos quilométricos 464+700 e 467+200, unha zona na que, tal e como denunciou o PP, “o pavimento presenta buratos e firme desfeito que dificultan a circulación e supoñen un risco para a seguridade viaria”.
Así, os senadores criticaron que o Goberno “recoñece na súa resposta oficial” que a vía “necesita actuacións” e esperan que “Sánchez cumpra coa súa obrigación de manter en boas condicións as estradas da súa titularidade”.
