InicioLugo e contornaLugo lembra a Paula Alvarellos no primeiro aniversario do seu falecemento cun...

Lugo lembra a Paula Alvarellos no primeiro aniversario do seu falecemento cun acto no Parque Rosalía

Centos de persoas participan nunha homenaxe institucional e cidadá coa presenza de representantes políticos e sociais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centos de lucenses déronse cita este domingo no Parque Rosalía de Castro para participar nun acto de lembranza dedicado á que fora alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, coincidindo co primeiro aniversario do seu falecemento. A convocatoria reuniu a veciñanza e a representantes de distintos ámbitos institucionais e sociais da capital lucense.

Segundo informou o Concello, ao encontro asistiron concelleiros de todos os grupos con representación municipal, así como membros doutras administracións públicas, colectivos veciñais e entidades do tecido social, político, empresarial e cultural. Tamén estiveron presentes integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

O actual alcalde de Lugo, Miguel Fernández, tomou a palabra para agradecer a participación da cidadanía nun acto co que, segundo expresou, “quixeron lembrar á alcaldesa e amiga”. Durante a súa intervención destacou o “compromiso, traballo, tenacidade, valentía e ilusión tanto na súa faceta política como persoal” de Alvarellos.

Fernández referiuse tamén ao seu carácter “próximo e empático e a súa honradez e integridade para levar a cabo o compromiso que adquiriu coa cidade de Lugo”, sinalando que deixou unha “profunda pegada entre os veciños”.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que a exrexedora foi unha persoa que “vivía a política con honestidade e responsabilidade” e que actuaba “sen esquivar os problemas cando tocaba afrontalos”. “O recordo que queda dela é o dunha muller comprometida e profundamente humana. E iso é o que queremos celebrar hoxe”, afirmou.

LECTURA POÉTICA E PECHE MUSICAL

O acto incluíu a lectura dun poema escrito polo seu compañeiro de grupo e amigo, Pablo Permuy, tamén falecido o pasado ano. A lectura foi realizada pola concelleira Ángeles Novo, nun dos momentos centrais da xornada.

A homenaxe concluíu coa actuación do cantante e guitarrista do grupo Forguet, Roi Álvarez, que interpretou o tema ‘A moza de onte’, unha das cancións preferidas de Alvarellos. O peche do encontro estivo marcado pola entrega dun ramo de flores á familia da exalcaldesa e por un aplauso colectivo das persoas asistentes.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...