InicioPolíticaO PP provincial acusa a Carmela López de manter "as imposicións" de...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

O voceiro popular, Antonio Ameijide, recorda que “defendemos no pleno o cumprimento íntegro da sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial do PSOE e do BNG"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade de ouro, para marcar distancias con José Tomé “xa que optou por manter as imposicións do presidente na sombra” ao negarse a apoiar a moción do Grupo Popular para “acatar a sentenza do Tribunal Supremo e reincorporar ao cadro de persoal da Deputación aos 16 traballadores que enviaron a Tragsa”.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, apelou “á responsabilidade” da presidenta da Deputación para que demostrase “coherencia e valentía”, desmarcándose das decisións adoptadas por José Tomé, unicamente en base ás liortas políticas dentro do PSOE, para “garantir o respecto á legalidade, á transparencia e os dereitos dos traballadores”.

Antonio Ameijide recorda que “defendemos no pleno o cumprimento íntegro da sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial do PSOE e do BNG, así como os posteriores acordos adoptados sen respectar as competencias do pleno”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación reafirma o seu compromiso cos dereitos da comunidade LGTBI

  A Xunta de Voceiros da Deputación sacou adiante este xoves unha Declaración Institucional reafirmando...

A Deputación participa na entrega de equipos contraincendios no sur da provincia

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...

Activada a alerta por treboadas e choivas no centro e sur de Lugo este mércores

A Xunta activou para a tarde deste mércores a alerta laranxa por treboadas e...

Abre o prazo de inscrición para comedores escolares e madrugadores do Concello de Lugo

O Servizo de Educación que presta o servizo municipal de comedores escolares informa de...