InicioPolíticaBesteiro carga contra o PP: "Lugo non é un decorado rural ao...

Besteiro carga contra o PP: “Lugo non é un decorado rural ao que vir só en eleccións”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusa os populares de "abandonar" a provincia e recalca que o proxecto de Altri en Palas é "errado" e está "desenchufado" da planificación eléctrica estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, achacou ao PPdeG un “abandono” da provincia de Lugo e acusouno de vela como un “decorado rural ao que ir cando hai eleccións”. Deste xeito, reiterou as súas críticas ao proxecto de Altri, que ve como “absolutamente errado”. Así se pronunciou este sábado na súa intervención no comité provincial en Lugo, primeiro tras o procedemento de primarias e onde chamou á “unidade”.

Alí, sinalou que o partido entra nun “novo ciclo” no que debe “alcanzar velocidade de cruceiro e activar ao máximo os proxectos municipais”. O líder socialista valorou a “responsabilidade” que exerce o PSdeG nos concellos da provincia e en Galicia. “Temos moitos exemplos de boa xestión municipal, con concellos pequenos que fan un traballo admirable cada día e cidades que avanzan con proxectos solventes”, destacou.

En contraposición, acusou ao PP de falta de vivenda pública, sanidade ou proxectos industriais para a provincia. “Soamente o de Altri”, engadiu, en alusión a factoría impulsada pola empresa lusa e Greenalia en Palas de Rei, que tacha de proxecto “errado”. Entre outros aspectos, Besteiro lembrou que “carece” da conexión eléctrica necesaria, ao quedar excluído da Planificación da Rede Eléctrica 2025-2030 do Goberno central. “Lugo non queda desenchufada da rede eléctrica; quen queda desenchufado é ese proxecto que non é nin bo nin o que merece Lugo nin a economía do noso país”, criticou.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...