InicioPolíticaO PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

Lara Méndez critica no Parlamento que a Axencia de Turismo financie proxectos “sen relación coa promoción turística” e pide á Xunta unha reflexión sobre o uso dos fondos públicos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de converter a Axencia de Turismo de Galicia nunha “chequera da presidenta do PP de Lugo, Elena Candia”, a través dos orzamentos autonómicos de 2026.

Durante a comparecencia do director do organismo parlamentario, Méndez afirmou que a Axencia está a “soster con fondos públicos unha estratexia de clientelismo político” destinada, segundo dixo, a “mercarlle vontades a Lugo e á súa provincia con fins electorais”.

A parlamentaria sinalou que os recursos do ente público “van repartindo diñeiro a eito polas parroquias, asociacións e colectivos”, e cuestionou que moitas das partidas aprobadas teñan escasa ou nula relación coa promoción turística.

Entre os exemplos citados, Méndez mencionou a financiación de festas de disfraces organizadas por unha panadería vinculada a unha persoa das listas do PP, a contratación dunha orquestra a través dunha consultora de enxeñaría ou a construción de dúas prazas de aparcamento nun centro social.

CHAMAMENTO Á REFLEXIÓN

Non criticamos que se financien festas ou melloras en centros sociais, pero habería que ver se iso lle corresponde á Axencia de Turismo”, ironizou a deputada socialista, que instou á Xunta a “facer unha reflexión seria” sobre o destino e a xestión dos fondos deste organismo.

O PSdeG considera que estas actuacións revelan un uso partidista dos recursos públicos, e reclamou maior transparencia e control nas subvencións destinadas ao ámbito turístico.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...