InicioPolíticaO BNG pregunta ao Goberno por prazos das obras na liña ferroviaria...

O BNG pregunta ao Goberno por prazos das obras na liña ferroviaria Lugo-Monforte

No caso da liña ferroviaria, pide información sobre se se revisou o seu conxunto para descartar que exista risco de máis desprendementos noutros puntos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG rexistrou dúas preguntas dirixidas ao Goberno para pedir explicacións polas obras anunciadas na autovía A-54 e nos noiros ferroviarios da liña 800 entre Lugo e Monforte.

O deputado no Congreso Néstor Rego asina as dúas iniciativas nas que demanda ao Ministerio de Transportes que aclare os motivos das actuacións de emerxencia aprobadas polo Consello de Ministros o pasado 3 de setembro.

No caso da liña ferroviaria, pide información sobre se se revisou o seu conxunto para descartar que exista risco de máis desprendementos noutros puntos.

En canto á autovía que transcorre pola provincia da Coruña, Rego reclama ao Goberno que aclare os prazos e como afectará o tráfico na zona.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...