InicioPolíticaLugo, a eterna esquencida en infraestruturas de "todos os gobernos"

Lugo, a eterna esquencida en infraestruturas de “todos os gobernos”

Alfonso Rueda recoñece un déficit importante de infraestructuras en toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Chegou a ser o centro e o principal nó ferroviario de Galicia e do noroeste da peninsula pero hai anos que Lugo deixou de ser a provincia mimada. Monforte perdeu a súa forza e capacidade loxistica que se levou a zona atlántica de Galicia e a capital, Lugo, quedou desconectada do tren, pero tamén, das principais cidades galegas, agás A Coruña.

De feito, falar de infraestruturas na provincia de Lugo é un tema delicado e con moitas arestas. Unha estación de tren sen apenas servizos, a única capital de provincia non unida por tren coa capital e tampouco por estrada cunha A-54, que uniría a capital provincial con Santiago, que se fai de rogar. Un tren de vía estreita, o FEVE, no norte que vai como unha carraca e a AG-22, a futura autovía Lugo-Monforte, a medio facer, igual que a rolda Leste de Lugo, pendente aínda de trazado.

Son proxectos do Estado, pero tamén do Goberno da Xunta, que levan atrasos. Algúns de meses, outros de anos. Por iso, o  presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu este luns que, efectivamente, Lugo ten un déficit importante de infraestruturas. “Necesidades que non están feitas”, dixo. Unha situación da que responsabilizou a gobernos “de todas as cores políticas”, principalmente, do PP e do PSOE. 

GOBERNOS DO PP E DO PSOE

E se hai un cambio de goberno –en Madrid– eu pediría o mesmo a un goberno do PP que o que lle estou pedindo a un do PSOE porque son accións que dependenden deles”, dixo Rueda sobre as obras da A-54 ou as conexións ferroviarias. 

Sobre as infraestruturas que dependen da Xunta, transformar a Vía de Alta Capacidade Monforte de Lemos- Lugo (LU-617 a CG-2.1)​​ en autovía (AG-22), destacou que o seu goberno “xa acelerou” as obras tras inaugurar o tramo Nadela-Sarria. 

Rueda tamén se referiu á rolda leste da cidade de Lugo, unhas obras que aínda non teñen proxecto tras rexeitarse o proxecto inicial polas súas incidencias nun espazo Rede Natura. “Teño xuntanza a semana que ven coa alcaldesa e a intención, pola nosa banda, de continuar con esta obra segue enriba da mesa. Houbo diferencias e buscando máximo consenso e supoño que xuntanza da vindeira semana sirva para darlle un acelerón a esta infraestrutura”, matizou.  

PETICIÓNS A SÁNCHEZ

Con todo, estas infraestruturas non estarán na axenda de temas que o presidente galego lle trasladará ao presidente español, Pedro Sánchez, na xuntanza que aínda está pendente de ceelbrarse.  Sobre este encontro, Rueda dixo que os seus temas prioritarios son os traspasos da titularidade da AP-9 e dos medios para a xestión do dominio público marítimo.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...